Benvido/a ao blog da escola Canosa-Rus. Neste caderno virtual iremos publicando todo o que nos pasa e o que facemos no colexio e mesmo os traballos dos nenos e nenas! [...]
Estes días andivemos actualizando e mellorando o blog e modificamos as categorías que xa estaban creadas. A partires de agora, as entradas do blog (na súa maioría) estarán organizadas segundo o seguinte criterio:
Con esta nova organización dos contido serache moito máis sinxelo atopar o que buscas e ter todo ben arrombadiño. Lembra que tamén podes empregar a barra de pesquisas que se atopa na parte superior do blog.
- Pequerrechiños: Nesta categoría van todas a entradas que fagan referencia ós máis cativos da escola: os nenos e nenas de infantil.
- 1º Ciclo: Todo o que faga referencia ós nenos e nenas de 1º e 2º de educación primaria.
- 2º Ciclo: Entradas relacionadas cos rapaces e coas rapazas de 3º e 4º de primaria.
- 3º Ciclo: Este será o sitio dos máis maiores: os mozos e mozas de 5º e 6º de primaria.
- Dálle á lingua: Este é o espazo do Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Acó publicarán todo que fagan.
- Ler x ler: Este será o espazo da biblioteca do centro. Publicaranse actividades, suxestións de lectura, os novos libros que cheguen á biblioteca. Leogilda vai ter moito que dicir.
- Comisión de festas: Acó vai o máis divertido de todo: actividades, xogos, excursións, visitas,...
- Caixón de xastre: Nesta categoría estarán todas aquelas entradas que non se poidan clasificar nalgunha das anteriores.
Con esta nova organización dos contido serache moito máis sinxelo atopar o que buscas e ter todo ben arrombadiño. Lembra que tamén podes empregar a barra de pesquisas que se atopa na parte superior do blog.
Tags: Caixón de xastre
Share this post:
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 que fala(n):
Publicar un comentario
Podes dicir o que queiras procurando ser respetuoso/a e non ofender a ninguén. O teu comentario aparecerá publicado no blog o máis rápido posible.
Para porte en contacto con nós podes empregar o Formulario de contacto que atoparás na parte superior do blog.
Dálle á lingua!