Benvido/a ao blog da escola Canosa-Rus. Neste caderno virtual iremos publicando todo o que nos pasa e o que facemos no colexio e mesmo os traballos dos nenos e nenas! [...]
Benvida!
Benvidos e benvidas ao blog da escola Canosa-Rus! Neste caderno virtual que acabamos de inaugurar os nenos e nenas publicarán os seus traballos e todo o que vaian facendo na escola. Do mesmo xeito, cando realicen algunha excursión poderán colgar as fotos e súas experiencias neste espazo.
Os posts estarán clasificados mediantes as seguintes etiquetas: "primeiro primaria", "segundo primaria", "terceiro primaria", "cuarto primaria", "quinto primaria", "sexto primaria", "infantil" e "xeral". Desta forma será moito máis sinxelo atopar os traballos do rapaces e rapazas dun determinado curso.
Ademais, se un artigo che gusta moito podes compartilo dunha forma moi sinxela en distintas redes sociais (como Facebook ou Twitter, por exemplo) facendo click nas iconas que se atopan ó pé cada entrada.
Os pais e nais (e tamén os mestres e mestras :) ) teñen a posibilidade de participar mediante os comentarios en cada entrada que se publique. Así, a vida do blog será máis activa e participativa.
Tags: 1º ciclo, 2º ciclo, 3º ciclo, Caixón de xastre, Comisión de festas, Dálle á lingua, Ler x ler, Pequerrechiños
0 que fala(n):
Publicar un comentario
Podes dicir o que queiras procurando ser respetuoso/a e non ofender a ninguén. O teu comentario aparecerá publicado no blog o máis rápido posible.
Para porte en contacto con nós podes empregar o Formulario de contacto que atoparás na parte superior do blog.
Dálle á lingua!