Benvido/a ao blog da escola Canosa-Rus. Neste caderno virtual iremos publicando todo o que nos pasa e o que facemos no colexio e mesmo os traballos dos nenos e nenas! [...]

Chega o outono e con el as castañas, as cabazas de melón...Chegan as augas e os tempos escuros. Remata o verán e chega o inverno.Vaise a calor e vén o frío. Son tempos de Samaín.Hai máis fotos dentro. Bótalle un ollo!

Para celebrar a semana da lectura, na biblioteca, representouse unha pequena obriña: "A que sabe a lúa?". Fai click e le o que pensan os rapaces e rapazas dela!

Durante a última semana de febreiro, leváronse a cabo durante o recreo, na biblioteca do centro, sesións de contacontos. Sigue lendo e descubre algún dos contos feitos polos nenos e nenas!

Benvido/a!!! Celebramos o Samaín A que sabe a lúa? A Semana dos Contos.
AXÚDANOS!: Participa na enquisa que atoparás no pé da páxina! ;)

Estes días andivemos actualizando e mellorando o blog e modificamos as categorías que xa estaban creadas. A partires de agora, as entradas do blog (na súa maioría) estarán organizadas segundo o seguinte criterio:

  • Pequerrechiños: Nesta categoría van todas a entradas que fagan referencia ós máis cativos da escola: os nenos e nenas de infantil.
  • 1º Ciclo: Todo o que faga referencia ós nenos e nenas de 1º e 2º de educación primaria.
  • 2º Ciclo: Entradas relacionadas cos rapaces e coas rapazas de 3º e 4º de primaria.
  • 3º Ciclo: Este será o sitio dos máis maiores: os mozos e mozas de 5º e 6º de primaria.
  • Dálle á lingua: Este é o espazo do Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Acó publicarán todo que fagan.
  • Ler x ler: Este será o espazo da biblioteca do centro. Publicaranse actividades, suxestións de lectura, os novos libros que cheguen á biblioteca. Leogilda vai ter moito que dicir.
  • Comisión de festas: Acó vai o máis divertido de todo: actividades, xogos, excursións, visitas,...
  • Caixón de xastre: Nesta categoría estarán todas aquelas entradas que non se poidan clasificar nalgunha das anteriores.

Con esta nova organización dos contido serache moito máis sinxelo atopar o que buscas e ter todo ben arrombadiño. Lembra que tamén podes empregar a barra de pesquisas que se atopa na parte superior do blog.

Os alumnos e alumnas de 2º de primaria estamos traballando unha dramatización moi divertida. Titúlase: Que fastidio de luns! 
Queremos participar  nun concurso de teatro lido. Iremos ler a nosa obriña á radio.Se nos seleccionaran teriamos que presentala no Pazo da Cultura...! É bastante difícil e temos que practicar moito, pero se non resultamos seleccionados, estamos pasándoo ben.  E...o caso é participar!

Os Contacontos

Durante a última semana de febreiro, leváronse a cabo durante o recreo, na biblioteca do centro, sesións de contacontos. Estas estaban dirixidas ó alumnado de infantil e primeiro ciclo de primaria. O conserxe, Manolo, e a mestra, Raquel Casas, leron contos moi divertidos. Tamén participaron como contacontos alumnos de 3º e 6º de primaria. Outros, convertéronse en axudantes da biblioteca, ocupándose de informar a quen entraba das normas a cumprir, de donde debían sentarse, na procura de libros... Esperamos pronto volver a realizar actividades deste tipo. Agardamos a vosa colaboración!!!

  • Algúns contiños: 
Os cabritos tramposos

Había unha vez sete cabritos que vivían nunha casa. Un lobo petou na porta e os cabritos non lle deixaban entrar. Os cabritiños saíron da casa e fixeron unha trampa cunha corda fina e un burato. O lobo caeu no burato e marchou de alí e nunca máis volveu á casa dos sete cabritos.

(Mario R.)
A Ratiña

Había unha vez unha ratiña que tiña tres ratiños que se chamaban Miguel, Carlos e Antón. Eles vivían felices. Un día a nai foi buscar comida. O irmán maior quedou vixiando aos pequenos, e cando volveu a nai...¡ tiñan moita fame! Cearon e despois foron para a cama e durmiron felices.

Nuria C.
Os ratiños

Había unha vez tres ratiños que vivían coa súa nai. Un día a nai foi buscar comida e deixou a un de encargado para vixialos. O encargado xogou cos demais ratos ao escondite. Agocháronse tan ben que cando chegou súa nai, aínda o encargado os estaba buscando. A nai foi mirar por eles peron non os encontrou. Daquela decidiu chamar á policía. A policía encontrounos.

Xairo C.

O neno bo 

Érase unha vez un neno que encontrou unha ratiña que non tiña comida. O neno deulle queixo e a ratiña comeuno.
O neno fíxolle unha casa de cartón. Foron amigos. Cada día traíalle queixo e macarróns.
A ratiña foi moi feliz para sempre.

Alejandro C.

Para celebrar a semana da lectura, na biblioteca, representouse unha pequena obriña: "A que sabe a lúa?". Os nenos e nenas de primeiro de primaria deixaron escritas a súas opinións despois de vela. Velaquí as tedes:

  •  A lúa pensaba que os animais xogaban con ela. Javi
  •  Como un rato pode coller un cacho de lúa?Noemi
  •  A min gustoume como actuaron os profesores e tamén como leron.Lara
  •  Como a tartaruga puido aguantar co elefante.Nuria
  •  Cando o león subiu o lombo da xirafa.Alejandro
  •  Gustoume cando o rato lle arrincou o cacho a lúa.
  •  A tartaruga subiu a montaña.Xoán
  •  Gustoume cando subiu o rato.Xavi
  •  Gustoume cando subiu o elefante a tartaruga.Raúl
  •  Gustoume cando a xirafa subiu a montaña.Anxela
  •  Gustoume cando a lúa xogaba cos animais.Xairo
  •  Gustoume cando subiu o mono porque case pilla a lúa.Samuel
  •  O rato era moi pequeno e pillou a lúa.Andrea
  •  Gustoume cando subiu o león porque era gracioso.Álex
  •  Foi moi interesante cando o rato pillou a lúa.Dani
  •  Como unha tartaruga pode con un elefante?Marco
  •  Gustoume moito o teatro.Raquel


A noite do 31 de outubro comeza a festa do Samaín, antiga festa celta. Polo Samaín era costume baleirar os nabos de grande tamaño, pero agora é costume baleirar cabazas para poñerlle candeas dentro. Esta tradición aínda segue en Galicia. Esa noite comeza o ano celta e a súa festa é na honra aos defuntos. (Álex E. 4º A.)

Benvidos e benvidas ao blog da escola Canosa-Rus! Neste caderno virtual que acabamos de inaugurar os nenos e nenas publicarán os seus traballos e todo o que vaian facendo na escola. Do mesmo xeito, cando realicen algunha excursión poderán colgar as fotos e súas experiencias neste espazo.

Os posts estarán clasificados mediantes as seguintes etiquetas: "primeiro primaria", "segundo primaria", "terceiro primaria", "cuarto primaria", "quinto primaria", "sexto primaria", "infantil" e "xeral". Desta forma será moito máis sinxelo atopar os traballos do rapaces e rapazas dun determinado curso.

Ademais, se un artigo che gusta moito podes compartilo dunha forma moi sinxela en distintas redes sociais (como Facebook ou Twitter, por exemplo) facendo click nas iconas que se atopan ó pé cada entrada.

Os pais e nais (e tamén os mestres e mestras :) ) teñen a posibilidade de participar mediante os comentarios en cada entrada que se publique. Así, a vida do blog será máis activa e participativa.

 
Copyright 2010 Canosa Rus