Benvido/a ao blog da escola Canosa-Rus. Neste caderno virtual iremos publicando todo o que nos pasa e o que facemos no colexio e mesmo os traballos dos nenos e nenas! [...]

Chega o outono e con el as castañas, as cabazas de melón...Chegan as augas e os tempos escuros. Remata o verán e chega o inverno.Vaise a calor e vén o frío. Son tempos de Samaín.Hai máis fotos dentro. Bótalle un ollo!

Para celebrar a semana da lectura, na biblioteca, representouse unha pequena obriña: "A que sabe a lúa?". Fai click e le o que pensan os rapaces e rapazas dela!

Durante a última semana de febreiro, leváronse a cabo durante o recreo, na biblioteca do centro, sesións de contacontos. Sigue lendo e descubre algún dos contos feitos polos nenos e nenas!

Benvido/a!!! Celebramos o Samaín A que sabe a lúa? A Semana dos Contos.
AXÚDANOS!: Participa na enquisa que atoparás no pé da páxina! ;)

<iframe width="560" height="349" src="http://www.youtube.com/embed/jhAotE6bmng" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Estes días andivemos actualizando e mellorando o blog e modificamos as categorías que xa estaban creadas. A partires de agora, as entradas do blog (na súa maioría) estarán organizadas segundo o seguinte criterio:

  • Pequerrechiños: Nesta categoría van todas a entradas que fagan referencia ós máis cativos da escola: os nenos e nenas de infantil.
  • 1º Ciclo: Todo o que faga referencia ós nenos e nenas de 1º e 2º de educación primaria.
  • 2º Ciclo: Entradas relacionadas cos rapaces e coas rapazas de 3º e 4º de primaria.
  • 3º Ciclo: Este será o sitio dos máis maiores: os mozos e mozas de 5º e 6º de primaria.
  • Dálle á lingua: Este é o espazo do Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Acó publicarán todo que fagan.
  • Ler x ler: Este será o espazo da biblioteca do centro. Publicaranse actividades, suxestións de lectura, os novos libros que cheguen á biblioteca. Leogilda vai ter moito que dicir.
  • Comisión de festas: Acó vai o máis divertido de todo: actividades, xogos, excursións, visitas,...
  • Caixón de xastre: Nesta categoría estarán todas aquelas entradas que non se poidan clasificar nalgunha das anteriores.

Con esta nova organización dos contido serache moito máis sinxelo atopar o que buscas e ter todo ben arrombadiño. Lembra que tamén podes empregar a barra de pesquisas que se atopa na parte superior do blog.

Os alumnos e alumnas de 2º de primaria estamos traballando unha dramatización moi divertida. Titúlase: Que fastidio de luns! 
Queremos participar  nun concurso de teatro lido. Iremos ler a nosa obriña á radio.Se nos seleccionaran teriamos que presentala no Pazo da Cultura...! É bastante difícil e temos que practicar moito, pero se non resultamos seleccionados, estamos pasándoo ben.  E...o caso é participar!

Os Contacontos

Durante a última semana de febreiro, leváronse a cabo durante o recreo, na biblioteca do centro, sesións de contacontos. Estas estaban dirixidas ó alumnado de infantil e primeiro ciclo de primaria. O conserxe, Manolo, e a mestra, Raquel Casas, leron contos moi divertidos. Tamén participaron como contacontos alumnos de 3º e 6º de primaria. Outros, convertéronse en axudantes da biblioteca, ocupándose de informar a quen entraba das normas a cumprir, de donde debían sentarse, na procura de libros... Esperamos pronto volver a realizar actividades deste tipo. Agardamos a vosa colaboración!!!

  • Algúns contiños: 
Os cabritos tramposos

Había unha vez sete cabritos que vivían nunha casa. Un lobo petou na porta e os cabritos non lle deixaban entrar. Os cabritiños saíron da casa e fixeron unha trampa cunha corda fina e un burato. O lobo caeu no burato e marchou de alí e nunca máis volveu á casa dos sete cabritos.

(Mario R.)
A Ratiña

Había unha vez unha ratiña que tiña tres ratiños que se chamaban Miguel, Carlos e Antón. Eles vivían felices. Un día a nai foi buscar comida. O irmán maior quedou vixiando aos pequenos, e cando volveu a nai...¡ tiñan moita fame! Cearon e despois foron para a cama e durmiron felices.

Nuria C.
Os ratiños

Había unha vez tres ratiños que vivían coa súa nai. Un día a nai foi buscar comida e deixou a un de encargado para vixialos. O encargado xogou cos demais ratos ao escondite. Agocháronse tan ben que cando chegou súa nai, aínda o encargado os estaba buscando. A nai foi mirar por eles peron non os encontrou. Daquela decidiu chamar á policía. A policía encontrounos.

Xairo C.

O neno bo 

Érase unha vez un neno que encontrou unha ratiña que non tiña comida. O neno deulle queixo e a ratiña comeuno.
O neno fíxolle unha casa de cartón. Foron amigos. Cada día traíalle queixo e macarróns.
A ratiña foi moi feliz para sempre.

Alejandro C.

Para celebrar a semana da lectura, na biblioteca, representouse unha pequena obriña: "A que sabe a lúa?". Os nenos e nenas de primeiro de primaria deixaron escritas a súas opinións despois de vela. Velaquí as tedes:

  •  A lúa pensaba que os animais xogaban con ela. Javi
  •  Como un rato pode coller un cacho de lúa?Noemi
  •  A min gustoume como actuaron os profesores e tamén como leron.Lara
  •  Como a tartaruga puido aguantar co elefante.Nuria
  •  Cando o león subiu o lombo da xirafa.Alejandro
  •  Gustoume cando o rato lle arrincou o cacho a lúa.
  •  A tartaruga subiu a montaña.Xoán
  •  Gustoume cando subiu o rato.Xavi
  •  Gustoume cando subiu o elefante a tartaruga.Raúl
  •  Gustoume cando a xirafa subiu a montaña.Anxela
  •  Gustoume cando a lúa xogaba cos animais.Xairo
  •  Gustoume cando subiu o mono porque case pilla a lúa.Samuel
  •  O rato era moi pequeno e pillou a lúa.Andrea
  •  Gustoume cando subiu o león porque era gracioso.Álex
  •  Foi moi interesante cando o rato pillou a lúa.Dani
  •  Como unha tartaruga pode con un elefante?Marco
  •  Gustoume moito o teatro.Raquel


A noite do 31 de outubro comeza a festa do Samaín, antiga festa celta. Polo Samaín era costume baleirar os nabos de grande tamaño, pero agora é costume baleirar cabazas para poñerlle candeas dentro. Esta tradición aínda segue en Galicia. Esa noite comeza o ano celta e a súa festa é na honra aos defuntos. (Álex E. 4º A.)

 
Copyright 2010 Canosa Rus